Luigi Nono
COLOR Y TALEA* (2024)
Leonel Aldino
ODA LUDITA / SEREAS** (2024)
Xoan Xil/Alba Cid
*ESTREA ABSOLUTA
**SEREAS/ODA LUDITA foi realizado co apoio das Residencias Artísticas do Gaiás, REGA 2024, no marco dunha colaboración entre a Cidade da Cultura de Galicia e o Festival Resis da Coruña, donde a peza tivo a sua estrea absoluta no pasado mes de maio.
RELATORA | Eva Vieites
ACORDEÓN | Nikola Tanaskovic
PERCUSIÓN | Noè Rodrigo
VIOLONCHELO | Millán Abeledo
DIRECCIÓN ARTÍSTICA | Hugo Gómez-Chao, Noè Rodrigo
“Ulises nunca dixo que o canto das sereas fose fermoso. Ulises, o único humano que escoitou o canto que fai morrer sen morrer, di, para caracterizar o canto das sereas, que ese canto ‘enche o corazón do desexo de escoitar”
Pascal Quignard
Escrita para soprano, voz falada, acordeón, cello, percusión e electrónica, e baseada nos textos escritos por Alba Cid para a ocasión, dialoga cun dispositivo formado por seis sereas mecánicas, voces artificiais que lembran as sonoridades da serea da propia fábrica, un fito da paisaxe sonora da cidade que aínda permanece na memoria e o imaxinario de moitas persoas.
Como instrumento, este set de sereas forma parte da partitura e pode controlarse manualmente para xerar diferentes harmonías complexas, glissandos e batimentos, permanecendo despois do concerto en formato de instalación sonora activada cando os visitantes fichan nunha máquina de rexistro horario de empresa que, neste caso, controla o tempo “improductivo” que se dedicou á escoita”.