Arxis Ensemble

BIO – Sergi Bayarri

SERGI BAYARRI SANCHO CLARINETE
Sergi Bayarri Sancho é un clarinetista natural de València. Estudou con Emilio Ferrando no Conservatorio Superior de Música de València e con Jaan Bossier en Frankfurt ( International Ensemble Modern Academy).

Ao longo da súa carreira musical ha obtido máis dunha vintena de premios en concursos individuais e de música de cámara a nivel nacional. Nos últimos anos participou en festivais internacionais como Lucerne Festival, Donaueschinger MusikTage, Impuls Festival, Wittener Tage für neue Kammermusik, 180º Laboratory for Innovative Art, Festival Ensems, RafelFestival ou Festival Internacional de Santander entre outros.

Sergi tamén é membro-fundador do Ensemble Vèrtex València, membro da Lucerne Festival Contemporary Orchestra e colabora regularmente con outros ensembles de renome internacional, como o Ensemble Modern de Frankfurt.

Traballou con compositores e directores de renome internacional, como George Benjamin, Heinz Holliger, Enno Poppe, Rebecca Saunders, Stefan Asbury, Ilan Volkov, Heiner Goebbels, Wolfgang Rihm, Lucas Vis, Dieter Ammann, Cristóbal Soler ou Pablo Rus Broseta entre outros. Actualmente reside en Berna, onde termina o seu “Master Specialized Performance Soloist” con Ernesto Molinari.