Toshio Hosokawa
DUST: BASS DRUM
Rebecca Saunders
STÈLE
Gérard Grisey
LIED OHNE WÖRTE
Miguel Matamoro
VERSA EST IN LUCTUM
Alberto Posadas
NOÈ RODRIGO | Percusión
ANNA GRENZNER | Cello
IÑIGO SETUAÍN | Saxo
SERGIO SANDE | Percusión en Grisey
AITOR VÁZQUEZ | Director
SERGIO SANDE | Técnico de son
ARXIS Ensemble pecha o ciclo de outono 2022 das Matinais Musicais na Cidade da Cultura con Sobre a noite, unha proposta que traza un percorrido xeográfico e sonoro polos últimos 50 anos da música contemporánea.
As obras de Hosokawa (Xapón), Grisey (Francia), Saunders (Reino Unido-Alemaña), Pousadas (España) e do galego Miguel Matamoro son cinco formas de achegarse á comprensión da música de vangarda. En cada unha delas, o son dos instrumentos parece conxelarse, insinuar que hai corpos que vibran con eles, que o espazo se forma alredor da vibración dos corpos.
A música como un espazo escuro que sostén xestos, imaxes, retratos. Un son que se volve tanxible como a carne e visible como as sombras. Cinco grandes lenzos que confunden o ollo co oído.