CON GOSIA TREBACZ
CON GOSIA TREBACZ
Un concerto para percusión e luz deseñado co obxectivo de achegar a música experimental contemporánea ao público en xeral e ás personas con discapacidade auditiva en particular.
Financiada pola Fundación Emalcsa dentro da VI Convocatoria ‘Cultura accesible e Inclusiva’, conta ca colaboración de Acoprós (Asociación de colaboración e promoción de personas sordas) e Faxpg (Federación de Asociación de Persoas Xordas) e celébrase no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt).
Pola súa parte, o proxecto pedagóxico A PROXECCIÓN SONORA, impartido polo equipo docente de ARXIS PERCUSSION GROUP. A través dunha serie de talleres, os e as participantes introduciranse, de maneira activa, nas diferentes prácticas sonoras contemporáneas. Ademais, estableceranse puntos de encontro, diálogo e creación artística entre persoas xordas e músicos.