Arxis Ensemble

BIO – Beltane Ruiz Molina

BELTANE RUIZ MOLINA CONTRABAIXO
Beltane Ruiz Molina, natural de Soria, nace en 1983 e comeza a tocar o contrabaixo con 10 anos. Estuda en Londres, Berlín e Basilea.
Recibe bolsas da fundación Humboldt- Wardwell, do Ministerio de Cultura, a Asociación de Artistas de España así como de “Juventudes Musicales”.

Xa desde a súa adolescencia interésase pola música contemporánea e toma clases de composición de José Luis Torá, Malcolm Singer e Walter Zimmermann. No terreo da interpretación recibe impulsos valiosos de Uli Fussenegger (Klangforum Wien). Gañadora do premio Hans Eisler de interpretación contemporánea en 2007.

Desde 2010 é membro fundador do Zafraan Ensemble en Berlín e desde 2018 do Ensemble New Babylon en Bremen.
Colabora regularmente con grupos como o KNM Ensemble, Ensemble Adapter, LUX: NM Ensemble, Ensemble Mosaik e Solistenensemble Kaleidoskop en Berlin así como CrossingLines en Barcelona, OENM en Salzburgo, Klangforum Wien, Ensemble Resonanz en Hamburgo, Klangforum Heidelberg, E- MEX- Ensemble ou musikFabrik en Colonia.

Dentro das súas actuacións solistas destacan Body Opera, unha obra-instalación do compositor polaco Wojtek Blecharz presentada en festivais como Huddersfield ou Rainy Days en Luxemburgo.
Entre as súas gravacións máis prominentes atópase Transformation de Sofia Gubaidulina (Genuin) con Christian Lindberg e o cuarteto de saxofones sonic.art; así como Klangrede (bastille musique) ou Alif (Kairos), dedicado a música de Samir Odeh- Tamimi, ambos os últimos co Zafraan Ensemble.

O seu desafío musical máis recente foi Fury I e II de Rebecca Saunders, acompañada polo Zafraan Ensemble.
Actualmente vive en Holanda co seu marido e o seu fillo.