Arxis Ensemble

BIO – María Alejandra Jiménez

MARÍA ALEJANDRA JIMÉNEZ VIOLÍN
María Alejandra Jiménez (Barquisimeto, Venezuela, 1997) é unha violinista establecida en Basilea. A súa práctica musical está enfocada na música do século XX e XXI así como na participación en proxectos interdisciplinarios explorando a súa dobre faceta de violinista e escritora.

En 2019 obtén o seu Bachelor en música na Haute *École de Musique, en Lausanne, na clase de Virginie Robilliard, recibindo un premio polo seu excelente recital de grao. En 2021 termina o seu máster en interpretación musical na mesma institución. Durante este máster recibe a Bolsa polo Talento e a Creatividade da fundación Casino Barrière Montreux, debido ao seu interese na linguaxe, a comunicación e a análise musical.

A súa dobre faceta de violinista e escritora permitiulle desenvolver, en 2021, un proxecto chamado Berio • Bach • Poèsie, que é transmitido en Espace 2, unha emisora da radio e televisión suíza e polo cal recibe o terceiro premio no concurso Lavaux Classic. En outubro 2021 colabora co duo iipm project na inauguración da serie de concertos Flow Night, en Theater Basel, participando nunha instalación- performance que combina música, improvisación, poesía, contido visual e o uso da electrónica. O seu interese pola música contemporánea lévaa a tocar en distintas salas, festivais e series de concertos en Suíza, como o Théâtre 2.21, a Sáelle Paderewski, a Societé de Musique Contemporaine Lausanne e o festival Zeiträume Basel baixo a dirección de músicos como Heinz Holliger, Baldur Brönnimann, William Blank e Pierre- Stéphane Meugé.

Actualmente realiza un máster especializado en interpretación de música contemporánea na Hochschule für Musik Basel, onde forma parte de Sonic Space Basel e do ensamble Zone Expérimentale. Alí estuda co compositor e trombonista Michael Svoboda e o saxofonista Marcus Weiss.