Arxis Ensemble

BIO – Noè Rodrigo

DIRECTOR DE PROXECTOS
NOÈ RODRIGO GISBERT PERCUSIÓN
Solista internacional e percusionista habitual do AskoISchönberg ensemble, Noè Rodrigo especialízase en música contemporánea no Consevatorium van Amsterdam e colabora con diferentes ensembles e orquestras ao redor do mundo. Desenvolve tamén un importante labor como docente en Conservatorios Superiores en España e masterclass a nivel nacional e internacional.

Foi convidado a festivais como o Printemps deas Arts de Monte-Carlo, Festival Internacional de Música e Danza de Granada, ou o Festival Internacional de Edimburgo, no que actuou como solista coa Scottish Chamber Orchestra, xunto ao pianista Pierre-Laurent Aimard e Matthias Pintscher. Ofreceu concertos en Francia, Holanda, Reino Unido, Suíza, Alemaña, EEUU e España, actuando no Palau da Música Catalá, Usher Hall de Edimburgo, Muziekgebouw Ámsterdam, Fundación Juan March, L’ Auditori (xunto á Banda Municipal de Barcelona), Teatro Monumental (xunto á Orquestra da RTVE), o ADDA en Alacante e a Fundación Luís Seoane na Coruña.

Rodrigo foi galardoado con varios premios en concursos nacionais e internacionais, obtendo o primeiro premio no Concurso Permanente de Mocidades Musicais 2015 e o premio especial da European Union of Music Competitions for Youth. Tamén foi galardoado na TROMP International Percussion Competition Eindhoven, co premio Willem Vos. Traballa con compañías de teatro musical en España, Holanda e Suíza e colabora con Slagwerk Dean Haag, Royal Concertgebouw Orchestra, Nederlands Philharmonisch Orkest, Orquestra Sinfónica de Galicia e Bilbao Orkestra Sinfonikoa, entre outras agrupacións.