SERGIO SANDE CASAL
PERCUSIÓN
Sergio Sande Casal nace en Ferrol en 1993. Inicia os seus estudos musicais aos 10 anos no CMUS Xan Viaño, na devandita cidade. En 2011 gaña o concurso de solistas do centro e en 2014 remata os seus estudos de Grao Medio con Matrícula de Honra, recibindo tamén o Premio de Fin de Grao.
Nese mesmo ano comeza os estudos superiores no Conservatorium van Amsterdam, que rematará en 2018. Durante este tempo toca con formacións como a Schleswig-Holstein FesVval Orchester, o Niew Ensemble Amsterdam, a Real Filharmonía de Galicia, Elbtonal Percussion Group, a BalVc Symphony Orchestra ou a Xove Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a batuta de directores como Christoph Eschenbach, Yunichi Hirokami, Danielle GaV, Krzysztof Penderecki ou Michael Sanderling, entre outros.
Ao rematar os seus estudos regresa a Galicia e comeza a traballar co grupo Odaiko Percussion, ademáis de dar clases de percusión en diferentes escolas de música. Na actualidade compaxina a súa actividade laboral cos estudos superiores de Son para Audiovisuais e Espectáculos.