Arxis Ensemble

BIO – Zacharias Fasshauer

ZACHARIAS FAßHAUER
CONTRABAIXO
O contrabajista Zacharias Faßhauer nace en Colonia (Alemaña) en 1995, no seo dunha familia de artistas plásticos e coñece a abstracción e as estéticas contemporáneas desde neno. Á idade de 14 anos ten o seu primeiro concerto en Free Improvisation Scene de Colonia, e forma parte da Kölner Orchester Gesellschaft e a Landesjugend Orchester NRW.

En 2013 empeza os seus estudos de contrabaixo con Detmar Kurig na Robert- Schumann- Hochschule de Düsseldorf e, máis tarde, se gradúa en Staatliche Hochschule für Musik Trossingen en 2018. En 2020, Faßhauer obtén o seu Título de Máster sobre a nova música para contrabaixo, “New Music Double Bass”. Entre 2020 e 2021, Faßhauer estuda na International Ensemble Modern Academy. Foi un participante activo en masterclasses en Darmstadt Summer Courses for New Music, IEMA Klangspuren Schwaz or the Impuls Festival Graz; onde estuda con Uli Fussenegger e Dario Calderone.

Ademais, Faßhauer deu concertos como solista e como parte de moitas agrupacións diferentes, desde dúos ata grandes ensembles en festivais como o Donaueschinger Tage für Neue Musik, European Workshop for Contemporary Music, Spring Festival The Hague, Klangzeit Festival Münster ou o Map & Fold Festival Tübingen.