Arxis Ensemble

Canto Ostinato

CONCERTO
AKUSMATA
ARXIS PERCUSSION GROUP
CON CANTANDO ADMONT
10 SETEMBRO 2023
FESTIVAL MÚSICA NO AR
A Cañiza, Pontevedra
PROGRAMA
CANTO OSTINATO
SIMEON TEN HOLT
EQUIPO ARTÍSTICO
NOÈ RODRIGO | Percusión
IRENE RODRÍGUEZ | Percusión
SABELA CASTRO | Percusión
ISABEL DIEGO | Percusión
CONCERTO
CANTO OSTINATO
ARXIS PERCUSSION GROUP

Composta polo holandés Simeon ten Holt, Canto Ostinato é unha obra única. Orixinalmente escrita para instrumentos de teclado, pode ser interpretada por distintas agrupacións e, tamén, por máis ou menos intérpretes, sendo a versión máis común para dúas ou catro pianos.

A obra adóitase considerar de orixe minimalista, pola súa estrutura repetitiva e o recoñecible ostinato, aínda que o compositor adoitaba utilizar o termo “código xenético”, debido á forma na que a obra se constrúe. Cunha duración diferente en cada interpretación, segundo as preferencias dos músicos, esta pode alongarse entre unha e dúas horas.

Todo isto conforma o especial da obra: cada interpretación será sempre diferente ás anteriores.