Arxis Ensemble

Palabras Orfas

Reproducir vídeo
CONCERTO
PALABRAS ORFAS
SOLEDAD PENALTA
1 FEBREIRO 2022
20:00h
IGREXA DA UNIVERSIDADE
UDC [Santiago de Compostela]
PROGRAMA
REBONDS A [1987-1989]
Iannis Xenakis
EQUIPO ARTÍSTICO
NOÈ RODRIGO | Percusión
CONCERTO
PALABRAS ORFAS
SOLEDAD PENALTA

A Igrexa da Universidade acollerá dende martes 1 de febreiro a exposición Soledad Penalta “ Palabras Orfas”, comisariada por Juan M. Monterroso. Nela, a escultora noiesa proponnos, a través dunha mostra antolóxica de 17 obras, nas que combina o aceiro inoxidable co aceiro cortén, unha intensa reflexión sobre a condición humana, sobre as tensións creadas entre o individuo e a sociedade.

A partir dunha linguaxe abstracta, conxugada con referencias figurativas e conceptuais, os seus característicos perfís antropomórficos xorden e desbordan cada unha dos seus traballos. Neles as palabras, tomadas de autores como Omar Khayyam ou Jorge Oteiza, crean delicados xogos caligráficos nos que se expresan desexos, inquietudes, esperanzas e temores.

O percusionista Noè Rodrigo interpretará a obra “Rebonds A” do compositor Iannis Xenakis, un dos exponentes máis importantes da vangarda dos anos 60 e 70, e que constitúe o primeiro dos actos que levará a cabo ARXIS Ensemble polo centenario do seu nacemento.

A obra de Soledad Penalta está presente en numerosas coleccións de arte, galerías e museos, cunha significativa produción de obra pública na Coruña (1995), Muxía (1995), Pontevedra (1999), Porto do Son (2007) ou Santiago de Compostela (2011, 2022).