Arxis Ensemble

Akusmata

Reproducir vídeo
CONCERTO
AKUSMATA
ARXIS PERCUSSION GROUP
CON CANTANDO ADMONT
28 MAIO 2022
21:00h
FESTIVAL RESIS
Igrexa de Santiago
[A Coruña]
PROGRAMA
OFFICIUM DEFUNCTORUM [1603]
Tomás Luis de Victoria

LOTÓFAGOS* [2006]
Beat Furrer

AKUSMATA* [2020]
[Sete pezas para conxunto vocal e instrumentos sobre textos de Pitágoras.]
Beat Furrer

*ESTREA EN ESPAÑA
CONCERTO
AKUSMATA
ARXIS PERCUSSION GROUP
CON CANTANDO ADMONT

O Officium Defunctorum (1603) de Tomás Luís de Vitoria é unha das obras cume do Renacemento. Foi composto para oficiar a cerimonia funeral de María de Austria, filla maior de Carlos I.

Escrita para un conxunto de oito voces, intercala fragmentos dos himnos gregorianos con partes polifónicas escritas segundo os canons renacentistas de contrapunto pero anticipando por primeira vez o que anos máis tarde estableceríase na música europea como tonalidade. O requiem de Vitoria é a entrada na música tonal, o ocaso do renacemento e o principio do barroco.

A obra Lotófagos (2006), de Beat Furrer, para soprano e contrabaixo, nace a partir dun poema de José Ángel Valente (1929-2000) de “Fragmento dun libro futuro” (2000) sobre a memoria e o esquecemento. O traballo de Beat Furrer céntrase, desde hai varios anos, na escritura vocal, nas posibilidades de explorar o canto e atopar novas formas de expresión a través del.

Nesta obra, a soprano e o contrabaixo aparecen como una mesma imaxe distorsionada, como fragmentos dun discurso que se esforza por lembrarse a si mesmo, que tenta recompoñerse ao longo da peza pero que se vai desvanecendo no silencio.



“Estábamos en un desierto confrontados con nuestra propia imagen que no reconocíamos. Perdimos la memoria. En la noche se tiende un ala sin pasado. Desconocemos la melancolía y la fidelidad y la muerte. Nada parece llegar hasta nosotros, máscaras necias con las cuencas vacías. Nada seríamos capaces de engendrar. Un leve viento cálido viene todavía desde el lejano sur.
¿Era eso el recuerdo?”


José Ángel Valente, Fragmentos dun libro futuro (2000).



A obra Akusmata. Sete pequenas pezas para conxunto vocal e instrumentos sobre fragmentos de Pitágoras, é unha das máis recentes creacións de Beat Furrer, presentada na Deutsche Oper de Berlín e na Wien Modern de Viena, e que se presenta na quinta edición do Festival RESIS como estrea en España. As sete pezas son unha reflexión ao redor da deconstrucción do espectro harmónico, á transformación sempre presente do son vocal que se confunde co instrumental.

Nesta obra, a densidade harmónica, o canto do coro e os instrumentos conseguen crear unha realidade nova, un novo espazo no que a música pode ecoar e existir por si soa, un mundo que existe soamente no oído.