Arxis Ensemble

BIO – Hugo Gómez-Chao

DIRECTOR ARTÍSTICO
HUGO GÓMEZ-CHAO COMPOSITOR
Hugo Gómez-Chao Porta estudou composición en Madrid con David del Puerto. Actualmente é alumno de Beat Furrer na Kunstuniversität de Graz (Austria), apoiado polas “Bolsas de Perfeccionamento Artístico” da Deputación da Coruña desde 2017. Paralelamente á formación académica ha recibido clases de importantes compositores como Georg Fiedrich Haas, Frank Bedrossian, Alberto Posadas, Clemens Gadentätter ou Pierluigi Billone.

Gañador do XXVIII Premio Novos Compositores Fundación SGAE- CNDM 2018 “Xavier Montsalvatge” pola súa obra “LÍMITES DO NEGRO”, interpretada polo ensemble Son Extremo baixo a dirección de Jordi Francés, foi nomeado Compositor Residente de “Mocidades Musicais de España” nas tempadas 2018-2019 e 2019-2020. En 2021 foi residente na Cidade da Cultura coa Bolsa de Creación Artística REGA. En 2021 recibiu a Mención Honra do Colexio de España en París.

Recibiu encargos da man de diferentes entidades como Fundación SGAE, Asociación de Orquestras Españolas ( AEOS), Orquestra Sinfónica de Galicia, Mocidades Musicais de España, IMPULS Festival 2019, Festival ENSEMS de Valencia, Festival de Tres Cantos de Música Contemporánea, Contrasti Florencia, Museo de Belas Artes da Coruña, Festival RESIS de música contemporánea da Coruña, Festival de Arte Sacra de Madrid, Sacra Festival. A súa música foi interpretada por prestixiosas agrupacións entre as que destacan Arditti Quartet, Orquestra Sinfónica de Galicia, Vertixe Sonora, Ensemble Modern Academy, Ensemble MDI de Milán, Ensemble Son Extremo, Grupo Instrumental SXX, Nova Orquestra da Generalitat Valenciana e Trío Musicalis, entre outros.

Desde o ano 2018 é fundador e director artístico do Festival RESIS de Música Contemporánea, así como director artístico da Asociación Cultural Aïs dirixindo proxectos como o ciclo NEXOS de música e artes vivas na Fundación Luís Seoane da Coruña e a web serie documental Lenzos e Partituras.