Arxis Ensemble

BIO – Nerea Rodriguez

NEREA RODRÍGUEZ NÚÑEZ ACORDEÓN
Pontevedra, 1993.
Estudou no Conservatorio Superior de Música de Aragón, posteriormente realizou un máster en interpretación solista con Ángel Luis Castaño.

Recibiu clases maxistrais de compositores e intérpretes internacionais como: T. Anzellotti, S. Gubaidulina, S. Hussong, J. Rattya, M. Padrón, V. Kujala, I. Alberdi, M. Vayrynen, E. Algora, A. Telleria, A. Artemiev, … Participou a solo e en diversas formacións en festivais e ciclos de concertos como o Akkordeon International Festival (Kiev), Festival Internacional de Música de Cámara de Vinaroz (Valencia), Festival Internacional de Música de Cámara de Mendoza (Arxentina), Conservatorio Nacional de Acordeón (Chile), Festival Electrocution (Francia), Festival Imaxinasons (Vigo), Fundación BBVA (Bilbao), Fundación Juan March (Madrid), entre moitos outros.

É unha intérprete moi comprometida coa música contemporánea estreando obras de L. Romero, O. Escudero, C. Cerezo, P. Busseuil, M. Matamoro, D. Cantalejo, A. Arroyo, entre outros… Traballou con Vértixe Sonora Ensemble e Cuarto de Tono.

Grabou obras de P. Busseuil e de L. Romero colaborando no CD “Ins Offene” para a productora Wergo.

Na actualidade é docente no Conservatorio Profesional de Vigo, actividade que compaxina coa súa actividade concertística co Dúo Xistra.