Arxis Ensemble

Pleiades

Reproducir vídeo
CONCERTO
PLÉÏADES
ARXIS PERCUSSION GROUP
14 MAIO 2022
21:00h
FESTIVAL RESIS
Castelo de San Antón
[A Coruña]


Homenaxe a Iannis Xenakis
PROGRAMA
PLÉÏADES (1978)
Iannis Xenakis
EQUIPO ARTÍSTICO
AITOR VÁZQUEZ TORRES | Director
CONCERTO
PLÉÏADES
ARXIS PERCUSSION GROUP

Iannis Xenakis (1922-2001) representa unha das maiores figuras musicais do noso tempo. Enxeñeiro e compositor, foi un dos compositores máis rompedores e radicais dos anos 60 e 70, decidindo non enmarcarse en ningunha das escolas compositivas do seu tempo e creando unha linguaxe persoal e propio que influíu a infinidade de artistas ao longo dos últimos 50 anos.

En 2022 celébrase o centenario do seu nacemento e, desde o Festival RESIS, organízanse unha serie de concertos que inclúen varias das súas obras nunca antes presentadas en Galicia para homenaxear a un dos compositores máis importantes e influentes do último século.

Pleïades (1978) é unha obra dunha intensidade inmensa que se basea nun conxunto de estrelas pertencentes á constelación de Taurus. Destas estrelas, soamente seis son percibidas a primeira ollada. Soamente podemos ver seis brillantes luces entre o resplandor doutras moitas. Esas seis estrelas principais represéntanse como os seis percusionistas da escena que, durante corenta e cinco minutos, sométennos ao apabullante son dun aparellaxe inmenso de percusións, de madeiras, peles e metais que parecen crear unha verdadeira choiva de estrelas, violenta e desordenada sobre o ceo nocturno.